jueves, 3 de julio de 2008

O MEU NENO



Despois de tanto tempo eu sigo espertando e soñando coa túa voz. ¿Sabes cantas noites esperto chorando? Os meus soños cada día superanse máis e neles é como se o tempo non pasase... Gústame soñar. Cando durmo véxote ben, escoitote falar, véxote camiñar, correr,... véxote sentado diante do televisor, diante do ordenador, cos teus xogos, coa túa música, véxote marchar na túa moto,... Cando durmo, sinto cando me rozas, cando me das a man, cando me colles no colo,... Cando durmo, escoito claramente a túa risa, vexo claramente os teus xestos,.... ¡Quero que me abraces, non quero que me deixes soa, quero terte preto de min, quero que non deixes de falarme, quero que me grites, quero que corras tras de min, quero que non pares de contarme historias,... QUÉROTE PRETO E QUÉROTE BEN, QUERO QUE TODO CAMBIE, NON QUERO QUE ESTO SIGA ASÍ, SÓ PRECISO QUE TI SEXAS OUTRA VEZ QUEN ERAS, SÓ QUERO VOLVER O TEMPO ATRÁS, SÓ QUERO QUE TI ESTEAS BEN....

No hay comentarios: