viernes, 4 de julio de 2008

A PREDICCIÓN CREADORA.....

¿Oístes algunha vez falar da predicción creadora? Para ser sincera eu non ata que lín un libro que me recomendou unha amiga, que se chama "cartas a claudia" de Jorge Bucay. No libro el di que a predicción creadora funciona en dous sensos: Non hai nada que me dé máis probabilidades de conseguir algo que crer que é posíbel. Non hai nada que me reste máis posibilidades que crer que nunca o lograrei.
¿Nunca vos pasou esto? ¿Cantas veces nos demos por vencidos antes de loitar só porque pensamos que non o vamos a lograr? E non falo só de metas sentimentais, senón que profesionais ou de amistade ou de aventura.... Porque nesta vida son moitas as cousas que moven e aínda que pensemos que son inalcanzables, sempre cabe a posibilidade de conquistalas. Por todo esto, só pido que reflexionemos, e para a próxima vez, non nos neguemos a oportunidade de intentalo ainda que fallemos, porque será un triunfo simplemente por non rendirse antes de comezar.

No hay comentarios: