martes, 22 de julio de 2008

TRISTURAS

Hoxe o sol non brillou para min.
A néboa tan espesa
apoderouse dos meus ollos e,
case como se fose cega,
a noite ficou en min.
Todo é escuridade o meu arredor
todo me escapa e,
eu aquí, sentada, deprimida,...
¿Como se pode chegar a sentir tanto vacío?
¿Como se pode vivir sen estar vivo?
Se ata a alma me escapa do corpo...
Non me estraña, xa ninguén repara en min.
Como unha tola,
polos camiños vou vagando
¿Como pretendo que se acorden de min?
Por un vacío vivo chorando,
por un vacío que atopei en ti,
usáchesme para logo tirarme,
¿como podes ser así?
Só quero que a noite me leve
para poder ser así feliz,
lonxe dos meus recordos,
recordos que me saben a ti.

S.F.M.

No hay comentarios: