viernes, 11 de julio de 2008

POBREZA E DESGRACIA

¿Como podemos durmir tranquilos tódalas noites despois de ver tantas desgracias? Non entendo, despois de tanto tempo, como se pode vivir tranquilamente, vendo as diferencias que existen neste mundo. Xente que podrece con tanto diñeiro e luxos o seu arredor disfrutando de todo e non valorando nada e xente tan pobre que morre de fame e que nun intento desesperado por mellorar esa situación se enfrenta o descoñecido, atopando, na maioría das veces, a morte... ¿Como pode haber tanta desigualdade no mundo? ¿Porque existen estos desequilibrios? ¿Realmente, existirá un deus xusto? Eu, sinceramente non mo creo. Non creo que exista un deus xusto, nin sequera inxusto, e sinceramente, tampouco creo que existan moitas persoas bondadosas... Todos, sabemos decir "pobriños" pero ninguén fai nada por cambiar esta situación... ¿Como podemos ter o corazón tan duro? Estamos acostumados a ver tanta miseria, tanta pobreza, tantos nenos totalmente "cubertos de moscas" que non nos inmutamos, permanecemos inmóviles, como se eso fose o máis normal, como se eles se merecesen eso. ¿Que culpa teñen eles de nacer nun país donde lograr sobrevivir é un reto? ¿Acaso, escolleron eles ese destino? Non o entendo, nunca lograrei entendelo. ¿Deberían existir diferencias? Esta é a pregunta que non logro quitarme da cabeza... Deberíamos reflexionar, porque mentras nós disfrutamos co último en tecnoloxías e somos soberbios con todo o que temos, xa que nada valoramos, esas persoas, eses nenos, traballan duramente da mañá a noite, para poder levar a boca un bocado de alimento, unha pouca auga e logo intentar descansar un pouco, sabendo que o novo día chegará pronto e con el unha nova, longa e dura xornada de traballo... Agora, pensemos ¿Como nos sentiríamos nós se tornasen as cousas? Creo que se todos poñemos un pequeno gran de area, poderíamos cambiar un pouco a vida desas persoas...

No hay comentarios: