viernes, 26 de septiembre de 2008

A VOLTAS CO PASADO

Gritos e rogos que se afogan na miña garganta, palabras que non concordan con moitas frases inconcluintes que nun pasado tiñan senso. De novo volto a pensar nesa persoa que me fixo tanto dano e que a pesar de todo o tempo transcorrido non podo esquecer. A veces preguntome que sería da miña vida se non se romperan tódolos lazos que nos unían, nun pasado que no que era verdadeiramente feliz. Catro anos tirados pola borda, catro anos nos que fun unha tonta, que non vía o que tiña diante, unha infeliz que non cría nas verdades que outros lle contaban, porque xa tiña a súa verdade versionada da maneira que máis lle conviña... Catro anos na túa compaña e seis anos despois aínda te recordo. Non sabes canto me costou verte só como un amigo, de feito, creo que nunca te vin así, porque ata como amigo me fallaches, porque non te atopei cando máis te precisaba... É culpa túa que eu sexa así. Ensinachesme como se fere a quen máis te quere, ensinachesme que é mellor magoar e non que te magoen, ensinachesme a mirar por min, agora, no día a día sen ter en conta os sentimentos dos demáis... Xa sei que sempre pagan xustos por pecadores, pero, ¿cres acaso que eu merecía en algún momento todo o que recibín? Intercambiachesme lealtade por mentiras, cariño por infidelidades, destruichesme pero souben levantarme pero esta vez cunha forte coraza. No fondo, moi moi no fondo, creo que che estou agradecida.

No hay comentarios: